domingo, 19 de julho de 2020

ASCM Determina A Suspensión De Actividades E Peche De Instalacións; Seguindo As Determinacións Adoptadas Pola Xunta De Galicia


  • A Asociación Sociocultural ASCM determina suspender actividades e pechar instalacións para tratar de previr a expansión da epidemia do coroavirus.

Comunicado oficial da ASCM relativo ao coroavirus.

Ante as medidas adpotadas pola Xunta de Galicia e as distintas administracións locais; seguindo as recomendacións ditadas polas autoridades sanitarias, a Asociación Sociocultural ASCM, determina suspender as actividades e pechar as súas instalacións até novo aviso. A entidade, nun acto de responsabilidade, considera necesaria a toma desta decisión para tratar de conter o brote de coroavirus e poder retomar as actividades, cando as autoridades estimen oportuno, con todas as garantías para a saúde das persoas usuarias.


A listaxe de actividades que se verán afectadas, quedando suspendidas ou aprazadas, son as seguintes:

  • Andaina Inclusiva Sportodas no concello de Mugardos, prevista para o  13 de marzo, queda posposta até novo aviso.
  • Obra Teatral "Invisibles" no Pazo da Cultura do concello de Narón, prevista para o 17 de marzo, queda cancelada.
  • Cea da Muller do concello de Narón, prevista para o 27 de marzo, queda cancelada.
  • Concerto da Filarmónica no Auditorio de Ferrol, prevista para o vindeiro 27 de marzo, queda aprazado até novo aviso.
  • Mercadillo Solidario da Avenida de Esteiro, previsto para o 9-12 de abril, queda cancelado.
  • Piscinas de Narón e Bertón, actividade semanal ofertada pola entidade, queda paralizada até novo aviso.
  • Actividades de teatro e baile, celebradas na delegación ASCM Narón, quedan paralizadas até novo aviso.
  • A actividade deportiva Boccia, celebrada semanalmente, queda paralizada até novo aviso.
  • O servizo de transporte adaptado ofertado pola entidade e o CEE ASCM Ferrolterra, queda suspendido temporalmente.
*As persoas que forman parte do programa Conecta ASCM, financiado pola Xunta de Galicia, poden poñerse en contacto connosco.

Desde ASCM queremos garantir a mellor cobertura posible e manteremos o servizo de atención personalizada, vía telemática e telefónica. Podes atoparnos no horario habitual, de luns a venres, en horario de 9.30 a 13.30 h. e de 16.00 a 20.00 h. Agás os vindeiros 19 e 20 de marzo (datas non lectivas na entidade). As vías de contacto serán as seguintes:
  • Teléfonos: 981 35 14 30//981 38 53 66
  • Whatsapp: 604 05 57 03
  • mail: ascm.ferrol@ascmferrol.com
  • Redes Sociais: instagram (Facebook, Twitter, Instagram)
Recomendacións:


Recomendacións Ministerio Sanidade.

Lembra que a sintomatoloxía do coroavirus é a seguinte: febre, tose seca, sensación de falta de aire. Que fago para protexerme da enfermidade? 
  • Lavar frecuentemente as mans.
  • Evitar tocar ollos, nariz e boca.
  • Ao tusir, cubrir a boca cun pano desbotable ou protexer co cóbado flexionado.
  • Se teño síntomas respiratorios evitar o contacto con outras persoas.
Se presentas síntomas, NON debes acudir ao Centro de Saúde ou Complexo Hospitalario. Emprega o teléfono de información habilitado por Sanidade: 900 400 116. As persoas profesionais indicarán os pasos que debedes de seguir.


Desde ASCM seguiremos informando de todas as novidades e actualizacións existentes a este respecto. Voltaremos cando estea garantida a seguridade e saúde de todas e todos para seguir traballando pola inclusión. Entre tanto, sentidiño  e  a coidarse.


Repercusión en medios:


More info


Nenhum comentário:

Postar um comentário